Busca na bibliografía
referencias ás vidas e obras de Ptolomeo e Copérnico. Fai
un pequeño traballo onde se comparen os modelos Xeocéntrico
e Heliocéntrico ¿Por que pensas que o primeiro modelo estivo
vixente durante tantos séculos? Indica algún feito observacional
diario que nos faga pensar na validez do mencionado modelo
Busca o significado dos seguintes conceptos:
Unidade Astronómica
Ano Luz
Eclíptica
Calendario
Galaxia
Estrela
Planeta
Cometa
Satélite
Vía Láctea
Solsticio
Equinoccio
Estacións (Verán…)
Asteroide Latitude
Eclipse
Analizando a táboa seguinte, onde se
reflicten as distancias medias dos planetas ó Sol (expresadas en
millóns de quilómetros), representa a escala sobre papel
milimetrado o noso sistema solar, tomando como punto de referencia o Sol
e utilizando a escala 1cm = 150*106Km; é dicir,
1cm equivale á distancia media Terra-Sol
Distancias medias dos
Planetas ó Sol
Escala Real (10E6 Km) Escala de Referencia (cm)
Mercurio
58.500.000
Venus
108.000.000
Terra
150.000.000
1 cm
Marte
225.000.000
Xúpiter
780.000.000
Satruno
1.425.000.000
Urano
2.880.000.000
Neptuno
4.515.000.000
Plutón
5.925.000.000
Cos datos seguintes referidos ós
diámetros ecuatoriais dos diferentes planetas e do Sol representa
a escala o tamaño destes astros. Como o Sol e moi grande en comparación
cos planetas podes representar unha porción do mesmo como fondo
do debuxo e superpostos a el os planetas
Diámetros ecuatoriais
aproximados dos Planetas e do Sol
Escala Real (Quilómetros) Escala de Referencia (cm)
SOL
1.393.000
Mercurio
4.880
Venus
12.100
Terra
12.750
1 cm
Marte
6.800
Xúpiter
143.000
Satruno
120.600
Urano
51.200
Neptuno
49.600
Plutón
2.300
As Constelacións non son máis
que representacións mentais que dende antigo estableceron, de forma
cambiante e de acordo coas súas crenzas e coñecementos, as
diferentes civilizacións. Tendo en conta este feito debuxa sobre
un papel milimetrado as seguintes constelacións tendo en conta (a
escala) a distancia real das estrelas que as compoñen á Terra.
Para elo prosigue da seguinte maneira: no plano do papel milimetrado e
utilizando a liña inferior do mesmo como punto de partida (é
dicir, onde situaredes o noso planeta) debuxa a escala (tendo en
conta as distancias reais, expresadas en Anos Luz, que aparecen xunto as
estrelas das diferentes constelacións) a distancia que separa as
estrelas de cada constelación do noso planeta. A separación
horizontal entre as estrelas vai ser a mesma ca que aparece nos debuxos;
é dicir, estariamos a representar as cosntelacións pero dende
outro punto de vista, en concreto, dende unha zona perpendicualr ó
plano Terra-Constelación.
Busca na túa zona monumentos e outras
edificacións nos que existan reloxos de Sol. Algúns deles
parece que nunca acertan coa hora real. Indica a importancia que ten a
orientación precisa do reloxo cara ó Sol para que o seu funcionamento
sexa o correcto.
¿Saberías indicar por que vemos
sempre a mesma cara da Lúa? (en realidade vemos un pouco máis
da metade da Lúa). Repasa as diferentes Fases da Lúa e indica
a que son debidas. ¿Verianse dende a Lúa Fases Terrestres?,
é dicir, si estivéramos no noso satélite ¿poderiamos
observar unha Terra Crecente ou Minguante? ¿falariamos algunha vez
dunha Terra Chea ou Nova?
Constrúe un isntrumento semellante ó
que aparedce esquematizado no apartado de Cálculo
da Latitude do Lugar de Observación. Usando este instrumento
cacula a Latitude do lugar no que vives. Busca nun Mapa Topográfico
(ou nalgunha fonte bibliográfica axeitada) as coordenadas reais
da túa zona. Compara ambos datos; ¿a que cres que é
debida a diferencia dos resultados? ¿Poderia ter algo que ver que
a Estrela Polar non estea situada exactamente no Norte Celeste?. Razoa
as respostas
Constrúe o teu propio reloxo de Sol baseándote
nas indicacións propostas no texto;
sitúalo de forma axeitada e explica a que pode ser debida a inexactitude
que ás veces observarás no seu funcionamento
Analizando o efecto da Paralaxe
podemos calcular a distancia ás estrelas máis próximas
a nos, ou, alomenos, ter unha idea aproximada da mesma. Coñecendo
o factor de aumento co que se
fixeron as fotografías, o valor do desprazamento fotográfico
anual, medido ó superpor as fotografías realizadas, e a distancia
que separa as posicións terrestres a partir das cales se efectuaron
as exposicións fotográficas, podemos calcular dunha forma
aproximada a distancia que nos separa das estrelas que amosan paralaxe.
O valor do desprazamento
fotográfico anual dunha estrela que presenta paralaxe, medido despois
de aplicar un sistema de ampliación "M", pódese expresar
do seguinte xeito:
D
Dx = M [D/d]
...
onde:
Dx representa
o valor do desprazamento fotográfico
M representa o
factor de aumento
D representa a
distancia entre as posicións extremas da órbita terrestre
(aproximadamente uns 300 millóns de quilómetros)
d representa a
distancia que nos separa da estrela en cuestión
Tendo en conta o anterior
e supoñendo que o factor de aumento en tódolos casos é
de M=200 metros, calcula a distancia á que se atopan as seguintes
estrelas:
a Centauri
........................................... Dx=
1.45 mm
Sirius ......................................................
Dx =
0.74 mm
Vegas .......................................................
Dx =
0.24 mm
Altair ......................................................
Dx =
0.28 mm
Calcula, aplicando o método
da Paralaxe a distancia a un obxecto determinado e verifica posteriormente,
coa axuda dunha cinta métrica, a distancia real ó mencionado
obxecto. Estima a porcentaxe de erro cometida e discute sobre a importancia
que ten ser moi meticuloso á hora de toma-las medidas dos ángulos.