INTRODUCCIÓN á ASTRONOMÍA de POSICIÓN
Seminario Permanente do IES de Porto do Son, IES Campo de S.Alberto e IES Ramón Cabanillas 
 
LATITUDE

Cálculo da Latitude do lugar de observación

    Podemos calcular a latitude do lugar empregando un sinxelo instrumento, consistente nun semicírculo graduado e nunha plomada. Apuntamos coa base do semicírculo cara a estrela Polar e, coa axuda da plomada, lemos o ángulo directamente no propio semicírculo. Este ángulo corresponde coa nosa latitude. Para facer o cálculo con máis precisión podemos usar como “visor” unha palla de refresco ou algo similar.
    Este é o fundamento dos Goniómetros e Teodolitos en xeral, que se empregan como instrumentos de máis precisión para medir ángulos.

    Tradicionalmente usáronse outros instrumentos gracias ós cales (ainda que non usados exclusivamente con este fin) se podían facer medidas como a mencionada. Son os chamados Altazimut, empregados para realizar medidas de acordo coas coordenadas horizontais (Altitude e Azimut).
 
  
 

    De tódolos xeitos  hai que facer notar que a estrela Polar non se sitúa exactamente no Norte Celeste, co cal, por moi precisos que sexamos nas nosas medidas, sempre cometeremos un erro mínimo de ±1º.

 

 RELOXOS de SOL ÍNDICE PARALAXE