INTRODUCCIÓN á ASTRONOMÍA de POSICIÓN
Seminario Permanente do IES de Porto do Son, IES Campo de S.Alberto e IES Ramón Cabanillas 
 AS CONSTELACIÓNS


 

    Un pouco de Historia

 Stonehenge
    Ó longo da historia as distintas civilizacións viron nos corpos celestes e os seus movementos  actuación directa dos deuses, e gran parte da interpretación inicial dos fenómenos celestes estaba relacionada cunha visión poética (ou mitolóxica) do mundo. De feito, a Astronomía moderna desenrolouse a partires desa visión poética legada polas xentes de Mesopotamia, Exipto e Grecia, fundamentalmente. Como resultado desas tradicións xerouse unha iconografía estelar universal baseada, sobre todo, nos mitos gregos e enriquecida posteriormente gracias ó legado da cultura árabe.
 
 
 

     

    [ ... ] 

         Antes de todo existiu o Caos despois Xea, a de amplo peito, sé sempre segura de  
    tódolos Inmortais que habitan os nevados cumios do Olimpo. No fondo da terra de 
    anchos camiños  existiu o tenebroso Tártaro. Por último, Eros — o máis fermoso entre os 
    deuses inmortais — que afloxa os membros e cautiva de tódolos deuses e homes o cora- 
    zón e a sensata vontade nos seus peitos. 

         Do Caos xurdiron Erebo e a negra Noite. Á súa vez, da Noite naceron o Éter e o 
    Día, ós que alumbrou preñada por contacto amoroso con Erebo.

         Xea deu vida primeiro ó estrelado Urano coas súas mesmas proporcións, para quela con- 
    tuvise por todas partes e poder ser así sé sempre segura para os felices deuses. Tamén 
    deu a luz ás grandes Montañas, deliciosa morada das Ninfas que habitan nos boscosos 
    montes. 

         Ela igualmente pariu ó estéril piélago de axitadas ondas — ó Ponto — sin mediar o grato 
    comercio. Logo, deitada con Urano, alumbrou ó Océano de pro£undas correntes, a Ceos, 
    a Crios, a Hiperión, a Xápeto, a Tea, a Rea, a Temis, a Mnemósine, a Febe a de áurea coroa 
    e á amable Tetis. Naceu despois de eles — o máis novo — Cronos, de mente retorcida, 
    o máis terrible dos fillos, quen se encheu dun intenso odio cara ó  seu pai. 

         Deu a luz, ademáis, ós Cíclopes de soberbio espíritu: a Brontes, a Estéropes e ó violento Arxes, que deron a Zeus o trono e lle fabricaron o raio. 

         En todo o demáis eran semellantes ós deuses pero en medio da súa frente había un só 
    ollo. Por elo recibiron o nome de Cíclopes, porque, efectivamente, un só ollo (completa- 
    mente redondo) tiñan na súa frente. Os músculos e o vigor físico eran os seus instrumentos 
    para os traballos. 

         Tamén naceron de Xea e Urano outros tres fillos enormes e violentos, cuio nome non 
    debe pronunciarse: Cotos, Briáreos e Xixes, monstruosos enxendros. Cen brazos informes 
    salían axitadamente dos seus ombros e a cada un lle nacían cincuenta cabezas dos ombros, 
    sobre robustos membros. Unha forza terriblemente poderosa se albergaba no seu enorme  
    corpo. 

    [ ... ] 
     
HESÍODO : Teogonía
 
 
 
 
     

    [ ... ] 

    LIBRO I 

         O meu espíritu me inclina a escribir as metamorfoses dos corpos noutros novos. ¡Oh, deuses!, xa que vosoutros tamén os cambiachedes, inspirade a miña empresa e conducir este o meu 
    poema dende a orixe do mundo, sin interrupción, ata nosos tempos. 
     

       
    Orixes do mundo. O Caos 

         Antes que o mar, a terra e o ceo, que o cubre todo, en todo o universo aparecía un único aspecto da natureza, ó que chamaron caos, masa informe, confusa, un peso inerte no que se atopaban os elementos das cousas en discordante amalgama sin relaxación algunha. 

         Ningún Titán ofrecía todavía a súa luz ó mundo, nin Febo renovaba os seus corpos co crescendo nin a terra, entregada ó seu propio peso, estaba suspendida no aire dando voltas, 
    nin Anfítrite extendera os seus brazos ó largo das ribeiras da Terra. E tal como había terra, 
    mar e aire, así era inestable a terra inhábil o mar e o aire carente de luz; ningún elemento conservaba a súa forma e uns eran un obstáculo para os outros, porque nunha soa amalgama  
    contrapoñíanse o frío e a calor, a humidade e a sequía, a sustancia mol e a dura e a pesada e a lixeira. 
      

    Separación dos elementos 

         Un deus e unha natureza en progreso pon fin a esta loita, pois separa ó ceo da terra e da 
    terra as augas asignando un dominio ó ceo límpido e outro ó aire denso. E despois de que sepa- 
    rou estes elementos e os sacou da masa confusa, dándolles un lugar distinto, relacionounos 
    con lazos de paz e concordia. A sustancia ígnea e imponderable da bóveda celeste elevouse e 
    fícose un sitio nas rexións superiores. Está máis preto desas rexións o aire pola súa lixeireza 
    e a súa situación. A terra, máis densa que estes elementos, arrastrou ós elementos pesados e atopou o seu equilibrio no seu propio peso; a agua, extendida arredor, ocupou o último lugar e aprisionou ó mundo sólido. 

         Deste xeito cando aquel deus, cualquera que fose dividiu e distribuiu o conxunto de materia 
    e, xa en partes, convertiunas en membros, empezou por reuni-la terra para que fose igual en 
    tódalas súas partes, como unha bola inmensa. Máis tarde extendeu os mares e ordeou que se hincharan baixo o influxo da furia dos ventos e rodearan cun cinturón as orillas da terra.  
    Tamén engadiu fontes, lagos, inmensos estanques, encerrou dentro de ribeiras oblícuas ós ríos 
    no seu descenso que, segundo os lugares, son absorbidos pola mesma terra ou chegan ata o 
    mar e, sendo recibidos na chaira das augas máis libres, baten os litorais en vez das súas orillas. Ordea que as chairas se extendan, que os vales se afundan, que os bosques se cubran de  
    fronda, que se eleven as montañas rocosas. E da mesma maneira que dúas zonas dividen ó 
    ceo á dereita, outras dúas á esquerda e no medio delas hai outra máis quente, así a masa que  
    el rodea foi sometida á mesma división pola solicitude do deus e hai sobre a terra tantas rexións como cubren as zonas do alto. A que está no centro destas non é habitable pola excesiva 
    calor; unha espesa neve cubre outras dúas; colocou entre éstas outras dúas zonas e lles deu 
    un clima ternplado, mezclando o frío e a calor. 

         Por encima delas exténdese o aire, ó cal, canto menos pesado é que a terra e a auga, tanto máis é que o lume. Alí ordenou que se situaran as tenbras, as nubes, os tronos que aterrorizan 
    ós espíritus humanos, e os ventos que fan os lóstregos cos raios. Non permitiu o arquitecto do mundo que os ventos posuiran por completo odominio do aire (agora apenas se lles pode  
    conter para que non destrocen o mundo, tan grande é a discordia dos irmáns, e eso que cada 
    un goberna ó seu antollo nunha corrente diversa. O Euro retirouse cara a Aurora o reino dlos nabateanos, a Persia e os cumios sobre os que montan os raios da mañán; o Occidente e as ribeiras tibias por onde se pon o Sol están próximos ó Céfiro; o horrible Bóreas invadeu a 
    Eseitia e o Septentrión; as rexións opostas da tierra son empapadas polo Austro coas súas 
    nubes e choivas. Por riba dos ventos colocouse o éter, fluido que carece de peso e que non  
    ten ningunha das impurezas da terra. Apenas se estructurara todo nos seus límites inconmo- 
    vibles, cando as estrelas, que durante tempo permaneceran ocultas baixo a masa que as cubría empezaron a resplandecer por todo o ceo. E para que ningunha rexión se vira orfa dos seus 
    seres vivintes os astros e as figuras dos deuses ocuparon o espacio celeste; as augas, para ser habitadas deron paso ós brilantes peixes, a terra recibeu ás feras e o aire movedizo veuse 
    poboado polos paxaros. 
     

    [ ... ] 
     
OVIDIO: As Metamorfosis
 
 

    As Constelacións ó longo do ano
 
 

    ¿Quen non coñece, polo menos de oídas, as constelacións de Tauro, Libra, Acuario, Cáncer, Capricornio, Aries …? Todos coñecemos estes nomes, e algúns máis, os cales relacionamos co Horóscopo ou coas Constelacións do Zodíaco. En realidade podiamos afirmar que dende sempre o humanidade viviu ligada ás constelacións.

    Nun primeiro momento, si non nos paramos a pensar, quizáis teñamos a sensación de que as constelacións existen como entidades verdadeiras: ¡ sí, incluso podemos apreciar claramente a figura do León surcando os ceos nocturnos, por non comenta-la impresionante figura do xigante Orión e o seu Can de caza, ou a ameazante figura do Touro !

    Hoxe en día gracias ó coñecemento bastante aproximado da distancia do noso planeta ás distintas estrelas o concepto clásico de constelación parece perder sentido; incluso, usando calquera pequeno programa de astronomía podemos visualiza-la situación das estrelas hai uns poucos miles de anos ou dentro duns miles de anos, co cal é fácil ver a variación nas posicións relativas das diferentes estrelas e, por tanto, podemos ver como as nosas construccións mentais desaperecen convertíndose en … ¿quizáis novas construccións? Está claro que, a pesar de realidade cambiante, seguirán sendo representacións válidas nas cales, ¿por que non?, se vexan reflectidas parte das nosas inquedanzas: ¿unha parvada ou unha visión poética da realidade?.

    Independentemente do noso punto de vista é fácil observar como, ó longo do ano, as constelacións visibles nun momento determinado varían; observamos a Orión no seu esplendor en Inverno, mentres que no transcurso da Primavera desaparece da nosa vista. É o propio movemento do noso planeta arredor do Sol o que impide que podamos ver durante todo o ano as mesmas constelacións. Por suposto hai algunhas constelacións que "permañecen con nos" todo o ano: son aquelas de situación circumpolar, entre as que destacan Casiopea e as Osas Maior e Menor, coa súa estrela Polar (sempre, claro está referido ó Hemisferio Norte do noso planeta).

    De todas formas, non imos tratar das constelacións, xa que este é un tema que por si só correspondería con outro traballo enteiro.
 
 


Páxina Anterior ÍNDICE    Páxina Seguinte