INTRODUCCIÓN á ASTRONOMÍA de POSICIÓN
Seminario Permanente do IES de Porto do Son, IES Campo de S.Alberto e IES Ramón Cabanillas

Instrumentos de Medición

Telescopios
Giovanpattista della Porta (Agosto de 1609) [Primeira referencia escrita dun Telescopio]
    O telescopio constitúe o instrumento astronómico por excelencia. Non só permitenos  ver astros que polo seu brilo non veriamos con outros medios, sinón que amplía as imaxes e, polo tanto, nos faculta para ver nelas novos detalles.
Dependendo da estrucutra interna do aparato distínguense básicamente dous tipos de Telescopios:
 

      Un tipo particular e moi usado de Telescopio Reflector é o chamado Telescopio Newtoniano, que debe o seu nome ó deseño realizado por Isaac Newton. As súas principais virtudes residen na simplicidade e no baixo prezo, ata o punto que a igualdade de diámetros o custo dun reflector deste tipo sole oscilar entre a metade e as dúas terceiras partes co dun refractor. No lado negativo figuran tanto a discutible calidade de algúns dos espellos que se comercializan como nos desaxustes que sufre o dispositivo óptico.
 
 

    Menos popular que o anterior, pero tamén difundido ampliamente entre os afeccionados á Astronomía é o Reflector Cassegrain. Como aquel tamén utiliza dous espellos, pero o eixe óptico non se dirixe cara un lateral do tubo óptico sinón ó final do mesmo, polo que o portaoculares está situado na parte posterior, como nun telescopio refractor.
 
 
 
 
 
 
 
 

Modificado de RONAN
 
 

    Outro tipo de telescopios, cuia popularidade va en aumento, baséanse nos dous sistemas á vez; é dicir, non son telescopios exclusivamente refractores ou reflectores, sinón ambas cousas á vez, polo que se inclúen dentro da categoría dos Telescopios Catadióptricos, nos que se combinan a reflexión e a refracción da luz. Exemplos destes instrumentos son os telescopios Schmidt-Cassegrain e Maksutov-Cassegrain.
 
 
 

    O Anteollo ou Refractor perdeu a finais do século pasado a guerra que mantiña pola supremacía nos grandes observatorios mundiais e na actualidade úsase só en tarefas específicas. A victoria dos instrumentos reflectores radica en dous aspectos fundamentalmente :

Telescopio Refractor
    De todas formas, os telescopios refractores de 60 mm (ou abertura semellante) son os máis indicados para os principiantes, dada a simplicidade no manexo e porque, ó ser de visión directa (mírase a través do tubo, de abaixo cara arriba) permiten apuntar e localizar os astros con rapidez e sin necesidade de posuir unha grande experiencia previa, cosa que non sucede cos telescopios maiores, de tipo reflector, cuio peculiar sistema óptico fai que a visión realícese por un dos costados do tubo na parte superior do mesmo.

    É lóxico pensar que a capacidade de profundización no firmamento dun telescopio está en función da súa potencia. Sin embargo, é preciso indicarque non se debe á potencia aumentativa das imaxes sinón á potencia luminosa. Como no caso dos binoculares, sempre serán mellores e poderán captar máis astros os telescopios que teñan maiores aberturas, independentemente do número de aumentos que proporcionen.
 
 
 
 


PRISMÁTICOSÍNDICERELOXOS de SOL