Binoculares e Prismáticos
Os binoculares constiúen un instrumento excelente para a contemplación do ceo estrelado. Onde se ven unhas poucas estrelas, os binoculares descubren campos cheos delas dando unha sensación «de relevo»—aparente, claro está—realmente magnífica.
Hai determinados fenómenos ou astros cuia
visión é moito mellor con binoculares que con telescopio.
Os grandes cometas, por exemplo, coas súas colas extendidas por
zonas de varios graos de amplitude, só poden abarcarse con instrumentos
que proporcionen uns campos de visión suficientemente amplos. Os
telescopios precisamente fan todo o contrario: canto máis potentes
son, menor campo ofrecen.
Con binoculares podemos estudiar, por exemplo, as
variacións luminosas das estrelas variables mediante métodos
moi sinxelos. Adedmáis, proporcionan excelentes comparacións
das estrelas entre sí para distinguir as súas diferentes
cores.
Uns binoculares normais, de 50 mm de abertura ou
diámetro do obxectivo, permiten distinguir os principais cráteres
da Lúa, os satélites galileanosde Xúpiter ou mesmo
o sistema de aneis de Saturno. Resultan magníficos cuando se dirixen
cara ós grandes cúmulos estelares como as Pléiades,
Hiades, o doble cúmulo de Perseo ou o Pesebre de Cáncer.
Son casi imprescindibles na observación de eclipses de Lúa
e no seguimento das aproximacións ou conxuncións duns astros
con outros.
Os binoculares máis apropiados para uso astronómico son os que teñen unha maior abertura. Todos eles levan impresa unha inscripción que fai referencia ás súas características ópticas: 7 x 50, por exemplo, significa que proporcionan sete aumentos e que a súa abertura é de 50 mm (diámetro das lentes do obxectivo). En consecuencia, uns binoculares destas características serán mellores que uns de 40 mm, independentemente dos aumentos que proporcionen (non é significativamente importante o número de aumentos).
Outro factor a ter en conta é o chamado Pupila de Saída, que representa o disco brilante de luz emitido polo ocular; esta medida obtense dividindo a abertura entre o aumento. Para obter mellores resultados o tamaño da pupila de saída debe coincidir coa dunha pupila humana completamente dilatada (ceca de 7mm). Así, no caso mencionado anteriormente, nun prismático de 7 x 50 o valor da pupila de saída é de aproximadamente duns 7 mm (7.14 mm) o cal nos informa da idoneidade deste tipo de instrumentos.
Outros exemplos son:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sempre deben utilizarse sobre un trípode ou un soporte (alomenos aqueles que teñan máis de sete aumentos), xa que o pulso dunha persoa, por estable que sexa, xamáis permitirá que as imaxes acaden a súa máxima definición porque a capacidade de retención do ollo humán opera cunha velocidade menor debido á vibración que ten a imaxe.
Os binoculares ofrecen sempre a imaxe dereita (salvo
os xemelgos binoculares de prismas apicais), tal como a vemos a simple
vista, mentres que os telescopios, en cambio, mostrana invertida, ainda
que esta circunstancia non supón ningún inconveniente en
astronomía.