INTRODUCCIÓN á ASTRONOMÍA de POSICIÓN
Seminario Permanente do IES de Porto do Son, IES Campo de S.Alberto e IES Ramón Cabanillas 
Instrumentos de Medición

O Polos

    O Polos non é máis que un Gnomon modificado, xa que consiste nunha superficie semiesférica na que se sitúa no seu interior un estile de tamaño igual ó radio da semiesfera. Gracias a este instrumento pódese verifica-lo movemento diario do Sol sin máis que observar a variación da traxectoria da sombra do estilete no interior do instrumento.

POLOS. Osservatorio Astronomico di RomaModificado de FABREGAT
 

    Ó mesmo tempo serve para medi-la altura do Sol nun momento determinado aplicando a seguinte relación matemática:
 
   a = arctg (a/s)
 
 
 
     Ademáis, gracias ó uso deste instrumento, podemos estima-la duración do día si marcamos a sombra do estilete dende o Mencer ata o Solpor en días diferentes; de esta maneira observaremos que a lonxitude das marcas curvas que proxecta ó estilete é diferente dependendo da época do ano na que nos atopemos.Modificado de FABREGAT

    Por outra banda, con este aparato poderíase determinar a oblicuidade da Eclíptica, anotando a proxección do extremo do estilete nos solsticios de inverno e de verán, medindo o ángulo correspondente e dividindoo por dous.

 Modificado de FABREGAT
 


 O GNOMON ÍNDICE O ZÓCALO de PTOLOMEO