Acimut:
distancia angular medida sobre o horizonte, en sentido retrógrado
(é dicir, a favor das agullas do reloxo), dende o Sur ata o pé
do círculo máximo que pasa polo cénit
e un corpo celeste.
Afelio: punto da órbita
dun corpo que xira arredor do Sol, no que o astro atópase na posición
máis alonxada do Sol.
Angulo horario: distancia
angular medida cara o Oeste sobre o ecuador
celeste, dende o meridiano ata o círculo horario que pasa a
través dun astro.
Ano-luz:
distancia recorrida pola luz, no vacío, durante un ano.
Apoxeo: punto da órbita
dun corpo que xira arredor da Terra, no que o astro se atopa máis
alonxado da Terra.
Ascensión recta:
distancia angular medida cara o Leste sobre o ecuador
celeste, dende o equinoccio ata o círculo horario que pasa a
través do astro.
Cénit astronómico:
punto de intersección do hemisferio visible da esfera
celeste coa vertical dun lugar. A intersección co hemisferio
invisible chámase nadir.
Círculo horario:
círculo máximo da esfera celeste, que pasa polos Polos
Celestes.
Constelación:
cada un dos grupos de astros e porción de firmamento que ocupan,
formados arbitrariamente.
Declinación: distancia
angular (sobre a esfera celeste) dende o
ecuador celeste ata o astro, medido sobre
o círculo horario que pasa a través de éste.
Distancia cenital: distancia
angular na esfera celeste, medida sobre un
círculo máximo dende o cénit
ata un obxecto celeste. A altura é 90 graos menos a distancia cenital.
Eclipse: .
Eclipse de Lúa:
eclipse no que a Lúa é escurecida pola Terra. Será
total si a Lúa queda dentro do cono de sombra terrestre,
e penumbral si pasa sólo a través da penumbra.
Eclipse de Sol: eclipse
no que o Sol é escurecido pola Lúa. Será total
si o observador queda dentro do cono de sombra da Lúa, parcial
si queda dentro da penumbra, e anular si o disco solar non chega
a ser cuberto de todo, de xeito que no máximo véselle a modo
de anel arredor do disco lunar.
Eclíptica,
plano da: plano orbital promedio da Terra. A intersección
do plano da eclíptica coa esfera celeste denomínase eclíptica.
Ecuador:
círculo máximo na superficie dun corpo, definido pola intersección
da superficie có plano do ecuador.
Ecuador, plano do: plano
que pasa a través do centro do cuerpo e é perpendicular ó
eixe de rotación.
Ecuador
celeste: proxección do ecuador terrestre sobre a esfera
celeste.
Eixe Terrestre:
liña imaxinaria que pasa polo centro xeométrico do planeta
e que indica unha direccionalidade no sentido de rotación terrestre.
Equinoccio:
un dos dous puntos da esfera celeste nos que a eclíptica
corta ó ecuador celeste. No equinoccio
de primavera (tamén chamado punto Aries), o Sol pasa
do hemisferio celeste sur cara ó norte (0 graos de lonxitude celeste),
e no outono (tamén chamado punto Libra) sucede ó contrario
(180 graos de lonxitude celeste). Como fenómeno, é o instante
de tempo no que o Sol está situado nun dos mencionados puntos.
Esfera
celeste: esfera imaxinaria de radio arbitrario e centro no
observador, sobre a que se proxectan os corpos celestes.
Fase lunar: son catro
configuracións da Lúa, definidas nos tempos nos que a lonxitude
aparente da Lúa supera á do Sol en 0 (Lúa Nova), 90
(Cuarto Crecente), 180 (Lúa Chea) e 270 graos (Cuarto Minguante).
Fase dun planeta: cocente
entre a área iluminada do disco aparente dun planeta e a súa
área total, considerado éste como circular.
Horizonte astronómico
ou verdadeiro: plano diametral perpendicular á vertical
dun lugar.
Horizonte sensible ou aparente:
círculo menor que se obten ó trazar un cono con vértice
no observador e xeneratrices tanxentes á superficie terrestre. O
ángulo formado por unha xeneratriz do cono e o horizonte verdadeiro
chámase depresión do horizonte.
Isócrono:
sincrónico, realizado no mesmo tempo. Aplícase ás
cousas que se repiten con intervalos iguais.
Latitude Celeste:
distancia angular sobre a esfera celeste, medida dende a eclíptica
ata un astro, sobre o círculo máximo que pasa a través
dos polos da eclíptica e o propio astro.
Latitude terrestre: distancia
angular medida sobre o meridiano dun lugar, dende o ecuador
terrestre ata ese lugar.
Lonxitude celeste:
distancia angular sobre a eclíptica, medida cara ó Leste
dende o equinoccio ata o círculo máximo
que pasa a través dos polos da eclíptica
e un corpo celeste.
Lonxitude terrestre:
distancia angular medida sobre o ecuador terrestre,
dende o meridiano de Greenwich ata o meridiano
dun lugar.
Magnitude absoluta: referida
a un astro do Sistema Solar, é a magnitude
dun astro situado a unha Unidade Astronómica de distancia, e observado
cun ángulo de fase cero.
Magnitude
estelar: medida do brilo dun obxecto celeste, nunha escala
logarítmica.
Meridiano
central: meridiano planetario, equidistante dos limbos precedente
e seguinte.
Meridiano celeste: círculo
máximo que pasa a través dos polos celestes e do cénit
dun lugar.
Movemento propio: proxección sobre a esfera
celeste do movemento dunha estrela relativo ó Sistema Solar.
Nadir:
punto da esfera terrestre diametralmente oposto ó cénit.
Nutación: oscilacións
de curto período que sofre o eixo de xiro dun corpo en rotación,
debido á acción de forzas gravitatorias externas.
Oblicuidade da eclíptica:
ángulo entre os planos do ecuador e da eclíptica.
Su valor é duns 23.45 graos.
Ocaso: ocultación
dun obxecto celeste polo horizonte.
Oposición: configuración
que se produce cando a lonxitude xeocéntrica
aparente dun astro difire en 180 graos da do Sol.
Órbita: traxectoria
seguida por un astro arredor de outro.
Paralaxe:
diferencia na dirección aparente dun obxecto, ó ser observado
dende dous puntos.
Paralaxe ánua:
diferencia entre unha observación xeocéntrica e unha heliocéntrica.
Debido á traslación da Terra, as estrelas próximas
semellan oscilar arredor das súas posicións medias ó
longo do ano, por este efecto paraláctico.
Paralaxe solar: paralaxe
horizontal do Sol cando se atopa a unha unidade
astronómica de distancia.
Paralelos:
círculos menores da superficie dun astro paralelos ó ecuador
do mesmo.
Paralelos celestes: círculos
menores da esfera celeste paralelos ó ecuador celeste.
Parsec: distancia á
cal a unidade astronómica subtende
un ángulo dun segundo de arco. É dicir, é a distancia
a que debería atoparse unha estrela para exhibir unha paralaxe
dun segundo de arco. A palabra Parsec é unha contracción
de Paralaxe-Segundo. Un Parsec equivale a 30,85 billóns de
quilómetros, a 206 265 unidades astronómicas
ou a 3,26 anos luz.
Penumbra: área
parcialmente escurecida por un corpo. Rodea á área de sombra
total.
Periastro: punto dunha
órbita que está máis preto do corpo primario do sistema
involucrado.
Perixeo: punto da órbita
dun corpo que xira arredor da Terra, no que o astro se atopa máis
preto da Terra.
Perihelio: punto da órbita
dun corpo que xira arredor do Sol, no que o astro se sitúa máis
preto do Sol.
Precesión: movemento
secular do eixe de rotación dun corpo en rotación, debido
á acción de forzas gravitatorias externas.
Radio vector: referido
a un astro que xire arredor do Sol, é a distancia do Sol a dito
astro.
Refracción astronómica:
cambio na traxectoria dun raio de luz ó pasar pola atmósfera
terrestre. Aumenta a altura aparente dos astros e diminúe a súa
distancia cenital, pero non varía os acimutes.
O seu valor é maior canto menor sexa a altura, máximo no
horizonte e mínimo no cénit.
Sol medio:
Sol ideal que percorre o ecuador, en sentido directo,
con velocidade angular constante e igual ó movemento medio solar.
Solsticio: un dos dous
puntos da eclíptica na que a lonxitude
aparente do Sol é 90 ou 270 graos, segundo se trate do solsticio
de verán ou do inverno. O solsticio de verán (ou punto
Cáncer) é o situado no hemisferio celeste norte. O de
inverno (ou punto Capricornio) está no hemisferio sur. Entendido
como fenómeno, é o momento no que o Sol se atopa nun de ditos
puntos.
Tempo civil: ángulo
horario do Sol medio aumentado en 12 h.
Tempo oficial: é
aquel polo que se rixe unha nación ou parte dela.
Tempo sidéreo:
ángulo horario do punto Aries. Sirve para medir la rotación
de la Tierra con respecto a las estrellas en lugar de respecto al Sol,
como en el caso del Tiempo Universal.
Tempo universal: escala
de tiempo baseada no movemento diurno promedio do Sol. Hai que sumarlle
unha hora (en inverno) ou dúas (en verán) para obter a hora
oficial na Península Ibérica, Baleares, Ceuta e Melilla.
En Canarias, o tempo universal correspóndese co oficial durante
o inverno, pero hai que lle sumar unha hora en verán. Estes cambios
horarios son debidamente anunciados cando se producen
Topocéntrica,
posición: con orixe de coordenadas nun lugar da superficie terrestre.
Unidade
Astronómica de distancia (U.A.): é, aproximadamente,
a distancia promedio da Terra ó Sol. Equivale a 1.4959787 x 10^11
metros.
Vertical astronómica:
dirección de la plomada en un lugar.
Vertical, primer: vertical
que contén a intersección do ecuador
celeste co horizonte verdadeiro. É
dicir, representa ó meridiano que pasa
polo cénit dun lugar e polos puntos Leste e
Oeste