INTRODUCCIÓN á ASTRONOMÍA de POSICIÓN
Seminario Permanente do IES de Porto do Son, IES Campo de S.Alberto e IES Ramón Cabanillas 
A Esfera Celeste


A Esfera Celeste

    Dende antiguo o movemento celeste considerouse como unha das probas fundamentais para afirma-la inmutabilidade da Terra no centro do Universo. De feito o propio movemento terrestre fainos crer nun orquestado movemento celeste do cal podemos extraer unha serie de consecuencias inmediatas :

    É dicir, da simple observación diaria do movemento estelar podemos concluir a existencia dunha esfera de estrelas fixas que, continuamente, estase a mover en torno ó noso planeta. De feito, nos estudios de Astronomía de Posición, as distintas coordenadas celestes fan referencia a esta esfera imaxinaria e non á propia realidade.  Esto non implica uns grandes erros á hora de realizar cálculos fundamentais nesta disciplina.

    Precisamente, partindo deste feito, está claro que os nosos sistemas de posicionamento estelar non teñen en conta a distancia real das diferentes estrelas á Terra e só fan referencia a un sistema de dúas coordenadas.

    A Esfera Celeste é, por tanto, unha esfera concéntrica ó noso planeta e dun radio arbitrario (xa que, como dixemos, non temos en conta a distancia real ás estrelas). Si prolongamos o eixe terrestre imaxinariamente ata a esfera celeste podemos definir os polos celestes, que, por analoxía cos terrestres, denomínanse Norte e Sur. Da mesma maneira prolongando o ecuador terrestre definimos o ecuador celeste. Seguindo coas mesmas analoxías definimos os paralelos e os meridianos celestes. 
 

  Modificado de FABREGAT
 

    Por outra banda, o punto situado na perpendicular sobre a cabeza do observador denomínase cénit, e o punto oposto a este (o que estaría baixo os pés do observador) recibe o nome de nadir. O círculo máximo (é dicir, o círculo imaxinario que presenta un radio igual ó da esfera de “estrelas fixas”) perpendicular á vertical do lugar de observación chámaselle horizonte do lugar. Finalmente, o meridiano que, unindo os polos celestes, pasa polo cénit do lugar recibe o nome de meridiano local.
 
 

 


 ÍNDICE ÍNDICE COORDENADAS CELESTES